entroidada

Broma pesada e grotesca

Etimoloxía

Termo derivado por sufixación sobre a base “entroido” que vén do latín introitu ‘entrada á Coresma’.

Exemplos *

“Os promotores e animadores de entroidadas, entendidas estas, non só no sentido lúdico-gastronómico, senón tamén consideradas como un san exercicio de burla, mofa ou parodia contra persoas e institucións, malia que vivimos en liberdade e democracia.” (M. A. Laxe Freire: Galicia Hoxe, 6-2-2005)

“Pois, ¿ que maior proba de hospitalidade que ofrecernos, de gratis, semellante entroidada ?” (Vicente Araguas: A canción do verán, 2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.