entroidar

Celebrar o Entroido

Etimoloxía

Vocábulo que se forma sobre a palabra “Entroido” que procede do latín introĭtu ‘entrada’ (da Coresma).

Exemplos *

“A xente mudou, e a terra xirou, nin pobres, nin ricos, nin guapos, nin feos, a tolemia de entroidar.” (Rosa Rodríguez: O Correo Galego, 17-2-1996)

“O Museo do Pobo Galego entroidará cunha nova edición das súas xornadas sobre Máscaras Tradicionais, dedicadas nesta ocasión aos Caretos de Podence (Trás-Os-Montes); aos Carochos de Riofrío de Aliste (Zamora) e aos Labardeiros e Señoritas do entroido de Toén (Ourense).” (Marcos Pérez Pena: Praza Pública, 11-2-2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.