Persoa á que lle gustan as entroidadas
Etimoloxía
Denominación derivada do nome “entroido” que vén do latín introitu ‘entrada’.
Exemplos *
“A Igrexa, non caeu nunca no erro dos seus superiores, máis ben o contrario, sempre se caracterizara, o cura, por ser un entroideiro de prol, participador en todas e cada unha das troulas que Ébora vivía naquelas datas.” (Xosé Carlos Caneiro: Ébora, 2000)
“Había anos que non se celebraban ruadas en Foxas quitando nun casamento ou nunha fía. Quizais por iso botaban a tarde, aínda que fose, mirando para os entroideiros. Acostumaban ir ás de Rebordáns ou ás de Cabanelas, sobre todo a de Aninovo e as do Entroido.” (Manuel Iglesias Turnes: As rapazas de Xan, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.