Período de tres días que precede á Coresma, durante o que se celebran festas populares con máscaras, comparsas, bailes etc.
Etimoloxía
Procede do latín introitus 'entrada' (da Coresma).
Exemplos *
"A mirada fotográfica do autor, natural da propia Manzaneda, achégase ao interior desta celebración tradicional de inverno neste municipio, que presenta características únicas no Entroido galego." (O Xornal de Galicia 10-11-2010)
"No val do medio do río Ulla e os seus afluentes, entre as provincias da Coruña e Pontevedra, ten lugar cada ano unha orixinal festa de Entroido …" (Xosé Manuel González Reboredo: A parroquia en Galicia: pasado, presente e futuro)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.