Periodista enviado a un lugar para cubrir un acontecemento, durante o tempo que dura este acontecemento
Etimoloxía
Frase que toma como núcleo o participio do verbo “enviar” que vén do latín tardío inviāre 'camiñar', 'percorrer', modificado pola adxectivo “especial” procedente do latín speciālis ‘especial’, ‘particular’.
Exemplos *
“Pero axiña esquecemos a guerra e falamos doutras cousas: da comida, do difícil que era atopar isto ou aquilo. O enviado especial de La Repubblica díxonos do viño que facía na casa, do que lle gustaba esquiar. Logo contounos que falara por teléfono co fillo. Aprendera a falar na súa ausencia.” (Miguel Anxo Murado: Ruído. Relatos de guerra, 1995)
“As crónicas de Assía, reproducidas a partir de 1940 polo xornal madrileño Ya, e a partir de 1948 por La Voz de Galicia, poñen en cuestión a política de Franco (...). Finalizada a Guerra, son especialmente interesantes os seus relatos como enviado especial ao xuízo de Nuremberg.” (Xosé Ramón Pousa: Viaxes e construción do pensamento. Viaxes e viaxeiros na Galiza anterior a 1936, 2011)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


