enxebreza

Calidade de enxebre, o que é característico e propio dun país ou dunha rexión e que non está falseado, deformado ou mesturado con nada alleo

Etimoloxía

Voz relacionada con “enxebre”, denominación que se cre que está relacionada co adxectivo latino *seperis que daría un *xebre ‘separado’ e logo “enxebre”.

Exemplos *

“O negriño foi medrando na aldea, onde deprendeu a falar con enxebreza, a puntear muiñeiras, a botar aturuxos abrouxadores.” (Daniel Rodríguez Castelao: “Chegou das Américas un home rico”, Cousas, 1929)

“A veciña do lado era Xosefa. Encontro brutal. Pasaron noites de foliada e pandeiretada, o rapaz doutorouse en enxebreza. Un día Manu chamouna dende París, Xosefa quero que veñas cantar comigo a Lyon.” (Xurxo Souto: Tempos Novos, 3-1998)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.