enxeñeiro, -a

Persoa que exerce a enxeñaría como profesión

Etimoloxía

Formada a partir do substantivo enxeño, que procede do latín ingenium “calidade innata” e o sufixo -eiro/a.

Exemplos *

“Malia todo, Kurtz era dos primeiros en abrila porque, sendo enxeñeiro no porto, pouco tardaban os conserxes en achegarlla ata o despacho baforento que lle cederan nas catacumbas da sede de Aduanas.” (Jaureguizar: Cabaret Voltaire, 2005)

“O feito de que tan destacada factoría pasara a ser dirixida pola enxeñeira química Raquel Vázquez Freire revela por si mesmo a profundidade da transformación que se está a producir na economía e na sociedade de Galiza.” (Camilo Nogueira Román: Galiza na unión. A porta atlántica, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.