enxertar

Introducir unha parte dunha planta ou árbore no tronco ou póla doutra, para que se desenvolva alí

Etimoloxía

Voz que vén do latín insertare que significaba ‘engastar’.

Exemplos *

“Os espiños brancos son un bo patrón para enxertar as maciñeiras e pereiras e hai quen di que tamén para as cirolas (ameixeiras) porque e moi duro e resistente e vive moitos anos.” (Xabier Monteiro Graña: Columba Revista, 20, 2021)

“Como mellor se aprende a enxertar e a podar é vendo como se fai.” (P.V.: La Voz de Galicia, 26-2-2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.