Xénero literario, en verso, que trata temas heroicos, históricos ou lendarios.
Etimoloxía
Chegounos da forma latina epicus, -a, -um 'dos heroes', termo de orixe grega que remite a épos, -ous 'palabra'.
Exemplos *
"As Américas do meu avó non se axustan ás miñas Américas fabuladas, enfeitadas dunha máis frívola e despreocupada épica." (Xavier Lorenzo Tomé: O paxaro que canta un nome)
"No mundo dos microondas e as autoestradas da comunicación xa non hai lugar para a épica." (Xosé Hermida: Galicia Internacional 08-1995)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.