Última parte dun libro, un poema, un discurso etc., que resume o que se dixo anteriormente.
Etimoloxía
A palabra procede do latín epilogus, -i e este do grego epílogos que significaba 'conclusión'.
Exemplos *
"E Leandro remataba esta historia cunha especie de epílogo, que era, e resultaba doado percibilo así, aínda que el tratase de disimulalo, tan importante para el como a propia historia" (Camilo Gonsar: Arredor do non)
"Acaba de aparecer unha nova edición de Historia dun paraugas azul (Xerais) que engade os epílogos que o propio autor excluíu na primeira versión." (A Nosa Terra 29-03-2007)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


