epitafio

Inscrición nunha tumba en memoria dun defunto.

Etimoloxía

Chegounos a través do latín, se ben procede do grego epitáphion, adxectivo que tiña o sentido de 'feito sobre unha tumba'.

Exemplos *

"No seu caderno de notas reproduciu un epitafio _"Non existe a morte, senón o esquecemento"_ que anos despois se converteu nunha obsesión desafiante …" (Xerardo AgraFoxo: O violinista de Malá Strana)

""Despreocupado pero non indiferente", o epitafio de Man Ray, é a frase escollida para titular a gran retrospectiva do artista …" (Tempos Novos 10-10-2007)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.