equidade

Calidade de quen ou do que é equitativo

Etimoloxía

Palabra culta que procede do latín aequitas ‘igualdade’.

Exemplos *

“Ese ideario foi sumando adeptas coa participación de miles, centos de miles, millóns de mulleres reivindicando normalidade e equidade fronte a esa desigualdade clasista que o sistema de desigualdade fomenta.” (Xosé Lois García: Galicia Hoxe, 8-3-2011)

“Estes hábitos sociais dos que falamos (...) perseguen a integridade, o benestar, o equilibrio e a autonomía de todos os membros dunha comunidade; deben basearse no respecto, a equidade e a empatía.” (Irene Pérez Pintos: Etiqueta para todos/as. Manual de regulares maneiras pero de bastante educación para a cidadanía, 2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.