equinoccio

Cada un dos dous instantes do ano en que o Sol está exactamente sobre o ecuador celeste, que se corresponde coas datas en que o día e a noite teñen igual duración e que coincide un co comezo da primavera e outro co comezo do outono

Etimoloxía

Termo que procede do latín aequinoctium, que deriva de aequus nocte “noite igual”.

Exemplos *

“Esta festa celebrábase sempre no domingo da Lúa chea despois do equinoccio de primavera.” (Xoán Bernárdez Vilar: No ano do cometa, 1987)

“Púxose cómodo, prevido contra a falsa suavidade do tempo: en datas próximas ao equinoccio, a terra non quentaba dabondo para manterse tépeda durante as horas sen luz.” (Xavier Alcalá: Alén da desventura, 1998)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.