Conxunto de pezas de roupa co que o xogador se viste para competir, que polas súas cores identifican un determinado club
Etimoloxía
Palabra derivada sobre “equipar”, esta, á súa vez, procede do francés équiper, que nos leva ao nórdico skipa 'equipar un barco', de skip 'barco'.
Exemplos *
“O Deportivo presenta as novas equipacións para a tempada 2014-15, onde destaca a que leva as cores da bandeira de Galicia, que xa conta con 3.500 reservas.” (Redacción: Galicia Confidencial, 19-7-2014)
“A camiseta do Celta tamén volta a Europa. O club presenta a primeira equipación do equipo para a tempada 2025/26, inspirada nas icónicas elásticas de principios dos anos 2000.” (Redacción: Nós Diario, 21-6-2025)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


