Que dá a cadaquén o que lle pertence, que xulga ou trata aos demais de acordo cos seus méritos ou deméritos
Etimoloxía
Palabra que deriva do latín aequĭtas, -ātis 'igualdade'.
Exemplos *
“Unha primeira medida sería un reparto máis xusto e equitativo da riqueza Solidariedade no reparto, tanto a nivel da produción como do desfrute de bens. Isto implica que a solidariedade debe comezar por compartir un ben básico: o traballo.” (Nel Rodríguez Rial: O planeta ferido. Por unha razón ecolóxica, 1990)
“Dous pedestais que definen a sociedade da liberdade e do benestar. Non hai liberdade total sen educación e cultura e non é posible o benestar social sen unha sanidade universal, solidaria e equitativa.” (Xosé A. Perozo: Galicia Hoxe, 21-11-2010)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.