Cada unha das grandes divisións da historia xeolóxica da Terra.
Etimoloxía
Tomouse do latín aera, -ae, que incluía o significado de 'época'.
Exemplos *
"… de forma natural, case imperceptible, amencería unha nova era: o neolítico." (J.A. Garzón: A sociedade e as comunicacións)
"O cranio deste mono, de vinte millóns de anos, está considerado como o mellor conservado da era terciaria en América do Sur …" (O Correo Galego 16-02-1995)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.