Lugar deshabitado e sen cultivar
Etimoloxía
Voz procedente da latina eremum de significado semellante.
Exemplos *
“Adrián non se afastaba de ningún problema. Entraba nalgúns e só atopaba penedías desertas. Mais levaba unha seguranza e sabía agardar a que o ermo se cubrise de flores.” (Ramón Otero Pedrayo: Arredor de si, 1930) [Edición de 2010]
“Na franxa de seguridade de Oza, un ermo despoboado e co aire enrarecido que debían atravesar camiño da costa, foron atacados polas fuxitivas e perderon o transporte.” (Xurxo Borrazás: Costa Norte/ZFK, 2008)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


