erosión

Desgaste producido na codia terrestre pola acción da auga, o vento etc.

Etimoloxía

Termo que bebe do latino erosione que significa ‘roedura’.

Exemplos *

“As consecuencias medioambientais potenciais serían: contaminación do aire, perda de biodiversidade (fauna, agro-diversidade), inundacións, quentamento global, perda de paisaxe e degradación estética, contaminación acústica, contaminación e erosión do chan, deforestación e perda de superficie vexetal.” (Alberto Quian: GCiencia. O portal da ciencia galega, 18, 3-2015)

“Isto non debería de estrañar a ninguén que coñeza a dinámica das placas que forman a superficie da Terra. Se a isto lle engadimos volcáns, furacáns, tornados, todo tipo de tormentas, choivas e erosións varias, podería parecer que levantar unha casa ou facer unha autoestrada son empresas inútiles.” (Xurxo Mariño Alfonso: Po de estrelas. Novas receitas científicas de Os dados do reloxeiro, 2007)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.