erradicación

Acción e efecto de erradicar

Etimoloxía

Voz que procede da latina eradicatio, -ōnis ‘a acción de desarraigar’.

Exemplos *

“O obxectivo (...) é o control e, no seu caso, a erradicación, de enfermidades previbles mediante vacinación na poboación galega comprendida na franxa de 0 a 14 anos de idade.” (redacción: O Correo Galego, 3-2-1996)

“Mentres non se logre a erradicación mundial da poliomielite sempre haberá posibilidades de importa-lo virus salvaxe a través dos viaxeiros entre países endémicos e indemnes.” (Juan Jesús Gestal Otero: Enfermidades infecciosas emerxentes, 1997)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.