Expulsión brusca e ruidosa, pola boca e o nariz, do aire dos pulmóns por causa da irritación das mucosas nasais
Etimoloxía
Palabra que vén de “esbirrar” que é unha variante de “espirrar” que procede do latín exspiro ‘soprar’, ‘botar fóra’.
Exemplos *
“Mentres se explicaba, Frei Esteban non podía evitar os esbirros que lle facían moquear e lle impedían saborear de forma conveniente os deliciosos manxares que fornecían a mesa.” (Natalia Carou Figueira: O alento nas costas, 2012)
“Pechou o pub e encamiñouse á casa entre toses, esbirros e calafríos. Se aturara toda a noite os síntomas incipientes da gripe que algún seareiro lle traspasara mentres lle contaba a última traizón dun amigo íntimo.” (Uxía Casal: Vidas exemplares / Trasfegas na aurora boreal, 2006)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.