escacho

Peixe da familia dos tríglidos, do que existen varias especies, de corpo alongado, espiñas no opérculo e cor principalmente vermella, que é moi abundante nas augas galegas

Etimoloxía

Descoñécese a orixe da denominación escacho, pero o nome científico que se lle designou é Chelidonichthys lucerna.

Exemplos *

“Límpase o escacho, ábrese polo medio e quítaselle a espiña. (...) No momento de mete-lo peixe no forno, agregarlle 6 culleradas de auga e 3 de viño branco seco, cocéndoo a forno forte durante 15 ou 20 minutos.” (Xoán Carlos Rodríguez Sánchez e Xesús León Guillén: Pesca submarina en Galicia, 1997)

Escacho, rubio ou alfóndega, son peixes de cor vermella que andan pola area a pouca profundidade e cóllense de calquera xeito. De cabeza grande , o corpo vai afinándose cara á cola. Son de carne branca, moi sabedores fervidos ou en caldeirada.” (Fausto Galdo: Abecedario de mantenzas, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.