Escaleira de madeira ou metálica formada por dúas pezas longas verticais unidas por paus horizontais, que pode ser portátil ou mecánica adaptable a un vehículo
Etimoloxía
Tomamos a palabra do baixo latín scalata, derivado de scaala ‘escada’.
Exemplos *
“TROUXEN AUGAMEL PARA AGASALLARTE E senteime na escada á agarda. / Non chegabas nunca e cansaba. / Cosín cun fío os pensamentos todos e abrín a porta. / saín. Fun por tras de min” (Xela Airas: Denuncia do equilibrio, 1986)
“Que raio pasaba alí?, preguntábame sen parar mentres rubía pola escada. Confiaba en que as respostas a todas as miñas preguntas se achasen no extremo daquela escada.” (Manel Loureiro: Apocalipse Z. Os días escuros, 2014)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


