escafandro

Equipo formado por un traxe impermeable ou illante da calor, dotado de distintos dispositivos, que dá a un mergullador, astronauta, bombeiro etc., unha certa autonomía para permancecer nun medio en que a falta de osíxeno, a presión, as altas temperaturas etc., fan imposible a vida humana.

Etimoloxía

Puido chegar do francés scaphandre, se ben é de orixe grega e literalmente significaría 'home barco'.

Exemplos *

"A min gustaríame pintar o mar dende dentro, pero non coma un afogado senón con escafandro." (Manuel Rivas: O lapis do carpinteiro)

"… posuían, por exemplo, unhas ás, movidas por un cómodo motorciño, coas que podían voar a inmensas alturas e uns tan perfeccionados escafandros de buzo que lles permitian baixar ás máis grandes profundidades do océano." (Antón Risco: Tres situacións elementais)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.