escalada

Acción de escalar

Etimoloxía

Substantivación do participio.

Exemplos *

“Ten riscos, iso é certo, e hai quen asume máis riscos que outros; hai quen, cando ten a escavadora diante, tenta zafarse, aproveitando que as máquinas son lentas e as motos rápidas..., e hai quen o consegue. Tamén ten riscos conducir pola estrada, facer escalada, ou saltar das pontes.” (Marilar Aleixandre: Tránsito dos gramáticos, 1993)

“Os penedos do Faro de Budiño, no Porriño, xa contan con oco de seu no mundo da escalada en Galiza. Dende mediados do século pasado está documentado o aproveitamento lúdico e deportivo destas rochas lambidas que se precipitan ao baleiro.” (Redacción: A Nosa da Terra, 4-12-2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.