escalar

Subir pola pendente dunha montaña

Etimoloxía

Formada a partir do substantivo escala, que procede do latín scalam e o sufixo de verbalización -ar.

Exemplos *

“Ou sexa, que son un superdotado e non corro risco de conxelación nos pés se algún día me decido a escalar o Himalaia, non é iso?” (Alejandro Tobar: Cremalleiras, 2008)

“[...] O certo é que en realidade habitan planetas afastados, separados por océanos inmensos, por montañas imposibles de escalar aínda que os dous, por dicir algo absurdo, quixesen escalalas e achegarse un á outra” (Francisco Castro: O segredo de Marco Polo, 2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.