escalope

Filete de carne ou peixe, cortado moi fino, que se frite xeralmente rebozado.

Etimoloxía

Non se coñece con seguridade a orixe desta palabra, para a que se suxire que proceda de eschalope 'casca da noz'.

Exemplos *

"Finalízase o prato colocando unha febra de azafrán por riba de cada escalope quente, apertando coa espátula para que queza sen torrar e colla sabor." (Fausto Galdo: Abecedario das mantenzas)

"O prato vienés máis clásico é o Wienerschnitzel, un escalope empanado con ensalada morna de patacas." (Galicia Hoxe 19-04-2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.