escáncer

Réptil da familia dos ánguidos, do que existen diversas especies, pequeno e de corpo moi fino, de cor gris prateada ou castaña, con patas moi reducidas ou sen elas

Etimoloxía

Crese que garda relación co latín vulgar *elisicare ‘escavar’.

Exemplos *

“O escáncer, nas súas dúas variedades, prefire lugares con menos vexetación, pedras soltas espalladas, onde a luz e o sol penetran directamente.” (Estanislao Fernández de la Cigoña: Illas de Galicia: Cíes, Ons, Sálvora, Tambo, San Simón e Cortegada, 1991)

“Por mor de todas as probas que fixo, Beda soubo que o vento era máis escorregadizo ca unha eiroa, ca unha ra e ca un escáncer, animais estes moi abondosos, daquela, nas húmidas terras de Miraflores de Vasconcelos.” (Antón Cortizas: Leonel, 1996)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.