Instrumento que consta dun chumbo suxeito ao extremo dunha corda que se emprega para sondar a profundidade do mar ou dun río.
Etimoloxía
Proponse como étimo a forma do latín vulgar scandaculum 'escala' ou 'medida', que nos puido chegar do provenzal ou do catalán escandall 'sonda'.
Exemplos *
"Un compañeiro tirou con forza o escandallo, na busca do fondo pedregoso que era sinal de cherna: un escandallo con seis libras de chumbo no cabo." (Xosé Neira Vilas: Galegos no Golfo de México)
"O escandallo é unha especie de sonda primitiva consistente nun peso de chumbo, atado no extremo dun cabo." (Xoán Bernárdez Vilar: A saga da illa sen noite)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.