Banco que ten respaldo e un asento que serve de tampa a unha especie de caixa formada por este moble, e que pode ter unha táboa móbil utilizada como mesa.
Etimoloxía
Aparece desde latín scamnu, –i 'estrado' ou 'trono' e este do verbo scandare 'subir', 'elevar'.
Exemplos *
"Ningún dos outros irmáns vivía na casa, así é que Lino durmía só na lareira, enriba dun escano." (Xosé Miranda: Infancia e desventura de Lino Carrán)
"Seguín a dar voltas arredor da cociña cheo de inquedanza e volvín sentar no escano con aqueles cinco paisanos ben arrimadiños á parede diante de min." (Hixinio Puentes: O bandido Casanova)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.