escapada

Saída breve

Etimoloxía

Substantivo creado sobre o verbo “escapar”, este procede do latín *excappare ‘saír dunha situación embarazosa’, formado sobre cappa ‘capa’.

Exemplos *

“Hoxe unha escapada a estes sitios custa igual que un salario base dun mes, o que é unha cifra ridícula, comparada con outros tempos.” (Afonso Vázquez Monxardín: Galicia Hoxe, 05-08-2008)

“Unha illa no Mediterráneo sempre é un destino de soño para unha escapada breve fóra do estío.” (Yolanda Castaño: Galicia Hoxe, 12-04-2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.