Saída breve
Etimoloxía
Palabra formada polo sufixo apreciativo –ela aplicado ao substantivo “escapada” que se forma sobre “escapar” desde o latín vulgar *excappare ‘librarse dun estorbo.
Exemplos *
“Creo que deixou de facer footing e de xogar ó tenis, deportes que o mantiñan en forma, xunto coas escasas escapadelas ó río pirenaico da súa vila, Pobla de Segur.” (Luís Blanco Vila: O Correo Galego, 21-2-1996)
“Non teño ningunha gana de volver ó cárcere, pero se tivera cartos para a viaxe arriscaríame a facer unha escapadela ata aí.” (Xavier López Rodríguez: Días de desterro, 1996)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.