escarabana

Vento frío do norte que sopra nos meses de inverno

Etimoloxía

Termo de orixe descoñecida

Exemplos *

“Nin se decataron dalgunha escarabana ou babuxada cantigando nas folliñas naipelas.” (Ramón Otero Pedrayo: O espello no serán: entre o Pedroso e o Viso, 1966)

“Sopraba onte en Galicia toda un corisco, ou unha escarabana como din por terras ourensás, que fería na pel e mais no corazón.” (Ramón Nicolás: La Voz de Galicia, 6-12-2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.