escenografía

Arte ou técnica de proxectar e deseñar o decorado do interior do teatro, especialmente do escenario, para a representación teatral

Etimoloxía

Termo culto procedente do grego skenographía ‘narrativa ou descrición dramática’.

Exemplos *

“Non temos focos, non temos local onde ensaiar, non temos furgona, non temos un peso para escenografía, publicidade, non existimos como grupo de teatro, e así vexo moi difícil que nos saian actuacións(...).” (Andrés A. Vila e Xosé Cid Cabido: Copenhage. Comedia evidencialista, 1993)

“A escenografía básica consiste nun escenario e ás escuras. Os focos deben ir indicando a acción principal.” (Miguel-Anxo Murado: A grande noite de Fiz-prólogo, 1994)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.