esclusa

Compartimento construído nunha canle ou río, cunha comporta de entrada e outra de saída da auga, que permite a navegación salvando un desnivel

Etimoloxía

Vocábulo que bebe do latín medieval esclusa, e este do latín exclūsa [aqua] que se refería á '[auga] excluída'.

Exemplos *

“O primeiro día pasaremos tres comportas ou esclusas que nos fan subir 27 metros sobre o nivel do mar, ata o Lago Gatún.” (Redacción: Galicia Confidencial, 21-5-2019)

“A auga precipitábase polas encostas fronte á casa abatida e seguía a fluír desde os montes ao máis fondo da terra, anegando leiras, estradas, o paso calmo da xente, co xordo burbullar nos arcos das pontes e nas esclusas.” (Miguel Mato Fondo: Adeus, capitán Walton, 2018)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.