escoitar

Oír con atención

Etimoloxía

Palabra que se remite ao latín vulgar *ascultāre, que bebe do latín clásico auscultāre ‘escoitar con atención’.

Exemplos *

“Gustáballe andar entre a xente, gustáballe socializar; escoitar os seus berros e os seus soños. Tamén charlar, claro que si. Pero escoitar as persoas. Sempre escoitalas.” (Yolanda Castaño: Xela quixo ser ela. Biografía de Xela Arias, 2021)

“O público que pagaba por escoitar os concertos dos grupos nos que eu tocaba ía cada vez a menos e a min, en lugar de loxicamente dubidar do atractivo da nosa música, deume por pensar en por que se escapaba a chavalada cara ao tráiler-escenario móbil.” (Martiño Suárez: Luzes, 6-2016)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.