escola

Establecemento público, de propiedade privada ou do Estado, onde se dá calquera tipo de ensinanzas e, en particular, centro de ensino primario

Etimoloxía

Termo de orixe latina, schola, -ae,‘lugar onde se aprende’, que procede da palabra grega skholé, ‘lecer’ ou ‘actividade do que ten tempo libre e pode escoller a súa dedicación’.

Exemplos *

“Soubo do interese do cura por reconstruír a escola e por encontrar unha mestra.” (Xosé Carlos Caneiro: Ébora, 2000)

“Aínda era provisional, e a escola de Fisterra o seu primeiro destino.” (Marilar Aleixandre: O coitelo en novembro, 2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.