(anticuado) Mestre de escola.
Etimoloxía
Deriva de escola, que se tomou do latín schola, -ae, procedente do grego, onde, ademais de 'estudo' tamén tiña o significado de 'lecer'.
Exemplos *
"Unha das noras, que era filla de cura e fora para escolante antes de namorar, poñíalles algo de escola cando chegaba o seu tempo." (Darío Xohán Cabana: Vidas senlleiras)
"O escolante, de remate, mandoulles facer ós nenos os exercicios que pedía o libro de texto." (Helena Villar Janeiro e Xesús Rábade Paredes: Morrer en Vilaquinte)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.