Rapaz ou rapaza que asiste á escola.
Etimoloxía
Palabra que procede do latín scholaris ‘da escola’.
Exemplos *
“Había ambiente porque a visitaban uns escolares, seica da veciña parroquia de Castrelo, polo que lle ouvín á mestra que os acompañaba. Era unha exposición reducida, pero atractiva, que se repartía no baixo e mais no primeiro andar.” (Miguel Anxo Fernández: Bícame, Frank, 2013)
“Estaba convencido de que a profesora de francés me levaba directamente ao inferno, ao que eu ía feliz como un escolar namorado.” (Teresa González Costa: Os santos nunca dormen, 2014)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.