Acción e efecto de escolarizar
Etimoloxía
Voz derivada sobre estoutra “escolarizar” que remite ao latín medieval scholarizare 'acudir á escola'.
Exemplos *
“A escola dos nenos padecía da ausencia dun docente fixo e moitos daqueles rapaces pasaron a súa infancia sen unha escolarización axeitada.” (Julio Santos Pena: Ons no meu corazón. Vivencias de tres anos da miña vida como mestre na illa, 2018)
“Traballo para as persoas adultas e escolarización non discriminatoria para os seus rapaces. Un futuro máis alentador, con menos penurias diarias.” (Santiago González Avión: Sermos Galiza, 27-11-2014)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.