Proporcionar a alguén o ensino básico
Etimoloxía
Palabra que chega desde o latín medieval scholarizare 'acudir á escola', 'estudar'.
Exemplos *
“A axuda á educación básica foi fundamental para escolarizar millóns de nenos, formar mestres, construír aulas e conseguir toda unha serie de resultados palpables no último decenio. ” (E.P. Galicia Hoxe, 25-4-2009)
“Xa chegaron os mapas, o encerado, as pesas, os centílitros e unha morea de catóns da imprenta dese Zincke que vai casar. Agora hai que avisar a un carpinteiro para que faga os taboleiros e os bancos. Terá que ser unha escola mixta, para escolarizar nenos e nenas.” (Hixinio Puentes: Aguillóns de Ortegal, 2005)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.