escolta

Xogador de baloncesto que apoia o base.

Etimoloxía

Procede do italiano scorta 'escolta, acompañamento', que se confundiu con scolta 'escoita'.

Exemplos *

"A presenza do escolta de Alaska é precisamente a gran dúbida do encontro de hoxe en Sar, pois aínda que a escordadura de nocello que sufriu en Madrid non parecía en principio grave, o xogador sente aínda bastante dor e non puido apenas traballar co grupo." (Galicia Hoxe 07-03-2007)

"Velimir Perasovic escolta croata do Taugrés de Vitoria afirmou onte, en referencia ó encontro entre o seu equipo e o Broceni Riga, de Letonia, que hoxe deben gañar, porque está en xogo o seu prestixio." (O Correo Galego 08-02-1995)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.