escordadura

Acción e efecto de escordar

Etimoloxía

Vocábulo que xorde por sufixación sobre o verbo “escordar” e este toma como base “corda” que vén do latín chorda que bebía do grego khorde de significado semellante.

Exemplos *

“Dezaoito feridos foron trasladados en ambulancia ós centros sanitarios de Fátima, Concheiro, Perpetuo Socorro, Xeral Cíes e Povisa, con dores nas costas e pescozo, e a maioría presentaban policontusións, escordaduras e feridas leves.” (M.G.: O Correo Galego, 19-11-2000)

“Aínda hai moitos galegos de hoxe que cando se produce unha escordadura ou crebadura prefiren acudir ó compoñedor máis axiña que ó médico. Outros van ós dous sandadores para mellor asegura-lo éxito dos tratamentos.” (Xosé Antonio Fidalgo Santamariña: Os saberes tradicionais dos galegos, 2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.