escravitude

Condición ou estado de escravo.

Etimoloxía

Vocábulo formado sobre escravo, do latín medieval sclavus que vén do grego de Bizancio sklávos ‘eslavo’ que logo mudou a ‘escravo’ xa que este pobo foi sometido polo xermanos e os bizantinos.

Exemplos *

"Oponse tamén ás guerras, ás liortas, ás mortes, ós sacrificios humanos, mesmo ós voluntarios e, sobre todo, á escravitude." (Xoán Bernárdez Vilar: A saga da illa sen noite)

"O idioma servirá como elemento de cohesión entre os habitantes dunha nación, conseguindo un sentimento de pertenza a un grupo que posibilitará a rebelión contra a escravitude que supón a aceptación doutro idioma." (Goretti Sanmartín Rei: Nos camiños do entusiasmo. Calidade da lingua e planificación)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.