Condición ou estado de escravo.
Etimoloxía
Denominación abstracta formada por sufixación sobre o substantivo escravo que procede do latín medieval sclavus que viña do grego sklábos que significaba 'eslavo' pero como os bizantinos e xermanos escravizaron a individuos dos pobos eslavos na Idade Media houbo un cambio de significado.
Exemplos *
"Non coñecen a escravitude, nacendo todos de sangue libre." (Mª Xosé Queizán: Amantia)
"Si, daquela dicíase que a escravitude estaba abolida, que os negros eran libres coma os brancos." (Xosé Manuel Martínez Oca: As florestas do Mañuema)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.