Paxaro da orde dos paseriformes do que existen distintas especies, coa cabeza e partes inferiores amarelas ou pardas e partes superiores castañas con riscos escuros
Etimoloxía
Voz que nos leva ao latín scribentem, participio do verbo scribere ‘escribir’. O nome científico é emberiza hortulana.
Exemplos *
“Agachado nunha frouma / moi espesa e verdecente / sei dun niño de paxaro / que se chama o escribente.” (Manuel María: Os soños na gaiola, 1972)
“Había ovos de moi diferentes tamaños e cores, (...) ovos azuis do merlo, que eran para min os máis atractivos esteticamente, os ovos con ringleiras pintadas como de escritura a man duns paxaros miúdos aos que chamabamos escribentes, precisamente pola peculiaridade que presentan as cascas dos seus ovos.” (Anxo Tarrío: Galicia Hoxe, 22-4-2009)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.



