Representar as palabras, ideas etc. por medio dun sistema establecido de signos gráficos. // Compoñer unha obra literaria, científica, musical etc.
Etimoloxía
Vocábulo que bebe do latino scribere que tiña un significado semellante.
Exemplos *
“Por que sempre se lle pregunta á poeta desde cando escribe? Non é igual de doado preguntar desde cando respira, latexa, cando aprendiches a camiñar?” (Emma Pedreira e Laura Romero: XelArias. Palabra á intemperie, 2021)
“Xa non estou para os trotes do arrebato. Son moitos os poetas que deixan de escribir poesía cos anos, por algo será. A poesía prefire o ímpeto da mocidade.” (Xabier Paz: As vidas de Nito, 2013)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


