Persoa que escribe obras científicas ou, sobre todo, literarias
Etimoloxía
Palabra que vén da latina scriptor ‘escribente’ ou ‘autor’.
Exemplos *
“Canto ao recuperado premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, foi o escritor Eduardo Santiago con "O Gran Reino" o gañador cunha novela protagonizada por unha brillante escritora e boa lectora que fracasa nas súas relacións sociais pola súa competitividade.” (C.V.: Sermos Galiza, 12-6-2014)
“O señor Montana fixo que se abrisen as portas ao que sería o meu mundo para sempre e, sen el, eu non sería escritora.” (Berta Dávila: O derradeiro libro de Emma Olsen, 2013)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.