escritorio

Moble para escribir e gardar papeis

Etimoloxía

Palabra derivada da latina scriptorium ‘onde se escribe’.

Exemplos *

“Hadrián simplemente apareceu morto no escritorio. Debruzado sobre os cadernos. Había ducias de papeis ciscados polo chan, notas incomprensíbeis cunha letra cada vez menos lexíbel.” (María Canosa: Cando cae a luz / Vagalume, 2016)

“Finsa é xa o líder estatal na fabricación de móbeis para cociñas, escritorios, andeis, etc., estando crecentemente preparada para comercializar produtos que responden a deseños propios.” (Camilo Nogueira Román: Galiza na unión. A porta atlántica, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.