escritura

Acción e efecto de escribir

Etimoloxía

Palabra derivada desde o termo do latín scriptura ‘acción de escribir’.

Exemplos *

“Desde sempre, ao home interesáronlle unha presada de cousas que aparecen en toda a historia da literatura desde antes de que se inventase a escritura.” (César Lorenzo Gil: A Nosa Terra, 29-03-2007)

“Os pedagogos estiman que as dificultades de lectura e escritura son unha das maiores causas, se non a maior, de fracaso escolar (...)” (E.P.: Galicia Hoxe, 14-04-2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.