Conxunto de buques de guerra, en número variable, ao mando dun almirante ou oficial superior // Pequeno número de soldados ás ordes dun cabo
Etimoloxía
A palabra parece ter a súa orixe na italiana squadra ‘unidade menor do exército’, que deriva do verbo squadrare ‘formar en cadrado’.
Exemplos *
¡Tigres coma cabalos abrasados, / coma cabelos escuadras en rebelión; renxidos!: / O teu encerro calcinado.” (Xela Arias: Tigres coma cabalos, 1990)
“Pero días despois chegounos a noticia de que a escuadra que nos atacara saqueara o día anterior o porto de Laxe, situado a unhas dezaseis millas ó nordés, cousa que fixeran doadamente ó non ter fortificacións de defensa.” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


